Derrota do equipo infantil esta mañá nos Remedios. Dáse a circunstancia de que os tres equipos do Arranxar chegaron ao descanso por diante no marcador esta xornada, aínda que só os cadetes puideron conquerir a vitoria final. Comezou ben o partido para os infantís. Primeiro acercamento no minuto 4, xogada individual de Iago pola banda dereita que provoca unha falta, maxistralmente lanzada por Rubén, levando o 0:1 ao marcador. Tivo moito traballo Álex na portería do Arranxar. No minuto 7 despexa un bo lanzamento do Pavillón, que comezou a controlar o partido, cun balón que apenas abandonaba o campo visitante. Buscaba o Arranxar algunha contra de Juan e Iago. No minuto 12, un claro fóra de xogo non indicado polo colexiado provoca unha clara ocasión a prol do Pavillón, pero o lanzamento sae fóra por pouco. Dous minutos despois, idéntica xogada que solventa Álex á perfección. Seguía acercándose con perigo o Pavillón. No 16, balón ao pau. No 18, o 1:1. No 19, balón colgado á área, e o 2:1. Despertaron do letargo os visitantes no minuto 25. O balón comeza a acercarse á área local. No 26, Rubén engancha unha bolea imparable que leva as táboas ao marcador. Tres minutos despois, e coincidindo cos mellores momentos do Arranxar, Juan consigue zafarse da defensa local, penetra pola banda esquerda e case sen ángulo leva o 2:3 ao marcador. Vibrante encontro no campo dos Remedios. No minuto 36, o árbitro saca da chistera unha falta perigosa a prol do Pavillón, pero Álex bloca ben o balón. Buscan o empate os locais nos últimos minutos, pero o descanso chega con 2:3 a prol do Arranxar. Na segunda metade, mellor o Pavillón. Busca o Arranxar algunha contra, pero a defensa local está moi atenta. Pronto chega o 3:3. Aguantou ben a defensa do Arranxar, até o minuto 26, no que chega o 4:3 trala saída dun córner. Catro minutos despois, falta lonxana a prol do Arranxar, pero o lanzamento de Rubén é detido polo porteiro. Na contra seguinte, o 5:3 que mata o partido. O 6:3 chega no minuto 37, noutra contra. Indicou o árbitro o final do encontro tras unha nova boa intervención de Álex , no lanzamento dunha falta e antes de que os xogadores do Pavillón aproveitasen o rexeite para marcar o sétimo. Hoxe non puido ser, pero hai que seguir traballando, mantendo a ilusión e a cabeza fría, porque os resultados han chegar. Ánimo e adiante.

ResponderEliminar