sábado, 10 de noviembre de 2012

Arranxar Infantil 9ª Xornada

Arranxar 3:5 Barbadás B

1 comentario:

  1. Derrota esta noite do equipo infantil en Oira, nun partido con moitas alternancias no xogo e no que o Arranxar mereceu máis. Comeza a primeira parte con maior control local, buscando xogadas de Juan pola banda esquerda. Intentaba chegar o Barbadás sobre todo pola banda dereita. No minuto 5, primeira ocasión de Juan, pero despexa a defensa visitante. Un minuto despois, lanzamento lonxano de Rubén que detén o porteiro. Na primeira chegada perigosa do Barbadás, o 0:1 no minuto 7. Nova chegada clara do equipo azul. Boa defensa do Barbadás, que evita o perigo do Arranxar. Inténtano os locais tamén pola banda dereita, buscando a un loitador Santi. Volve o control para o Arranxar, que busca o empate. No minuto 17, Manu envía o balón ao pau. Chegou o merecido empate tres minutos despois, cunha fermosa vaselina de Juan. Despois do gol, dominio visitante. No minuto 23, unha perda de balón no centro do campo provoca unha chegada clara do Barbadás, pero Álex sae moi ben e evita o perigo. Na seguinte xogada, nova clara ocasión visitante. Non obstante sería o Arranxar quen se adiantaría no marcador. Era o minuto 29, e o xogador alevín Rubén viu os froitos a un excelente partido marcando o 2:1 tras un tiro lonxano que non consigue blocar o porteiro. Volven os minutos nos que o balón non sae do campo do Barbadás. E sen embargo, o 2:2 no 34, trala saída dun córner. Partido emocionante, de idas e voltas. Turno do Barbadás. No minuto 38, o 2:3. E en pleno dominio visitante, e na última xogada do encontro, balón longo que recolle Juan e nova magnífica vaselina que deixa o 3:3 no descanso. Maior efectividade do Barbadás na segunda metade, fronte a un Arranxar que perdoou demasiado. No primeiro minuto, xogada espectacular de Juan, que parte desde o seu campo, vaise de todos, entra na área pero o seu lanzamento é despexado polo porteiro. Tamén é perigoso o Barbadás adiante. No minuto 10 salva Álex o cuarto. Dous minutos despois, boa xogada do Arranxar, o balón chega a Juan pero o seu tiro sae fóra. No minuto 16, de novo Juan, e de novo fóra. Perdoaban os locais. No 20, Rubén lanza unha falta e o balón sae fóra por pouco. Son os mellores minutos do Arranxar, con constantes chegadas perigosas. No 22, Rubén engancha un balón pero o longueiro evita o 4:3. Un minuto despois, contra do Barbadás e Álex salva o tanto cunha boa saída. No minuto 24 chega o 3:4, aproveitando o lanzamento dunha falta perigosa. Nova ocasión de Juan, pero hoxe o balón non quería entrar. Si entrou o quinto do Barbadás no 29, tras unha nova contra. Co 3:5 no marcador, baixo a chuvia e o cansazo, e perto das dez da noite, os rapaces baixaron o ritmo. Algunha xogada de Iago pola banda esquerda, pero pouco máis quedaba por facer nun encontro no que o Arranxar mereceu moito máis, sobre todo na segunda metade.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.