Inxusta derrota do equipo alevín esta mañá en Ribadavia nun partido que dominou na práctica totalidade e no que tivo varias ocasións para poder levar os tres puntos. Comeza a primeira metade con maior control do Arranxar, aínda que sen moito perigo. Algún disparo lonxano de Rubén, blocado polo porteiro. Na primeira chegada local, no minuto 6, xogada desgraciada que remata en tanto en propia porta. Non se viñeron abaixo os visitantes, que comezaron a crear perigo. Yoni encara ao porteiro pero este salva moi ben. Seguiuno intentando Rubén, pero tanto o porteiro como a defensa local amosáronse moi seguros. Na segunda aproximación do Ribeiro, o segundo tanto. Era o minuto 13. Non obstante intensificouse o dominio do Arranxar, con claras ocasións, como a de Javi no 16 que resolve o porteiro con outra excelente intervención. Javi era o dono e señor da banda esquerda. Un centro seu é rematado por Adrián no minuto 17, levando o 2:1 ao marcador.Un minuto despois, falta perigosa lanzada por Álex, pero volve salvar o porteiro. No 19, contra perigosa do Ribeiro e a piques de chegar o terceiro, pero o balón sae fóra. Nos últimos minutos o dominio do Arranxar era total, buscando a igualada no marcador. Osama lanza unha falta que sae fóra por pouco. Intenso Rubén, moi activo, loitando e creando xogo constantemente. No minuto 25, novo centro perigoso de Javi desde a banda esquerda, e por fin Rubén atopa o premio a un bo traballo marcando o 2:2 cun excelente disparo. Xusto antes de pitar o árbitro o final da primeira parte, Héctor salva un gol que deixa as táboas no marcador pero con moi boas sensacións por parte do Arranxar e boas expectativas de cara á segunda metade. Comeza esta cun tiro lonxano de Osama que bloca o porteiro. Esta vez Yoni, pero o balón sae fóra. Loita e presión, roubos de balón e perigo arriba. De novo Yoni no minuto 7, e de novo paradón do porteiro local. Un Rubén omnipresente, buscando a Luis pola dereita e a Yoni adiante. Pero o que son as cousas: minuto 12, lanzamento lonxano, imparable, pola escuadra. O 3:2. Fixo dano esta tanto. No 15, Marcos salva o cuarto. Rubén continuaba, infatigable. Xogada individual pola banda esquerda e o seu disparo sae fóra por moi pouco. Refíxose o Arranxar do mazazo e volveu o dominio nos minutos finais, buscado cando menos o empate. Outro lanzamento lonxano de Rubén, pero o balón non atopa portería. Algunha oportunidade clara dos locais, pero o Arranxar intentouno até o final. Javi tivo o empate na última xogada do encontro, pero de novo, quen se non, o gardameta local, que detén o balón. Finalmente non puido ser, pero quedan as boas sensacións sobre o terreo de xogo, e a certeza de que ese traballo dará o seus froitos. Moito ánimo, rapaces!

ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
1:0 (minuto 6)
2:0 (minuto 13)
2:1 (minuto 17) Adrián
2:2 (minuto 25) Rubén
Segunda parte:
3:2 (minuto 12)