Xogouse esta tarde en Oira o encontro aprazado da pasada xornada entre o Arranxar e A Peroxa. Vitoria importante dos rapaces de Rubén neste atípico partido de xoves. Primeiros cinco minutos de igualdade, até que chegou a primeira acción clara de perigo. Ataque da Peroxa e o balón peta no pau. Comezan entón as hostilidades por ambos bandos. Claras ocasións en ambas porterías. No minuto 8, Salva rouba un balón, encara ao porteiro pero este responde á perfección. Dous minutos despois, balón colgado que Héctor envía a córner. No minuto 13, os visitantes lanzan un novo córner e o balón peta no longueiro. Nova ocasión clara dos da Peroxa, no minuto 15, pero Héctor salva cunha gran parada. Turno do Arranxar. Rubén a queimarroupa, e excelente intervención do porteiro visitante. Parecía mentira que o marcador non se movese. Novo paradón do porteiro da Peroxa, de novo a lanzamento de Rubén. Con 0:0 chegaríase ao descanso. Na segunda metade chegarían os goles. No minuto 7, o 0:1. Falta directa desde o centro do campo e o balón entra pola escuadra. Na seguinte xogada, a piques de chegar o empate. Rubén encara ao porteiro pero este envía a córner. No lanzamento do mesmo, un rexeite que peta no longueiro. Partido intenso, que calquera se podería levar. No minuto 12, falta directa lanzada por Osama, imparable. Chega o 1:1. Na seguinte xogada, falta de entendemento na defensa local e a piques de chegar o segundo da Peroxa, pero o balón sae fóra. Inténtao Jesús no 15, pero o balón vaise alto por centímetros. Novo partidazo de Rubén, loitando, presionando e elaborando xogadas case sempre moi perigosas. Pero hoxe o protagonista de cara ao gol foi Osama. Inténtao no 17 cun lanzamento lonxano que bloca o porteiro. Volve intentalo un minuto despois, e desta vez si. O 2:1 que subía ao marcador e confirmaba a remontada do Arranxar. Aguantou ben o equipo até o final, e os tres puntos quedaron na casa. Parabéns, rapaces, e a seguir así.

ResponderEliminarGoles
Segunda parte:
0:1 (minuto 7)
1:1 (minuto 12) Osama
2:1 (minuto 18) Osama