martes, 26 de marzo de 2013

Arranxar Cadete 13ª Xornada Copa

Arranxar 1:12 Santa Teresita

1 comentario:

  1. Derrota sen paliativos do equipo cadete nesta tarde noite de chuvia incesante contra un enorme Santa Teresita hoxe visitante no pequeno campo das Eiroás. Nada que obxectar fronte a un equipo moi superior en forza, rapidez e precisión. O primeiro tanto no minuto 7, á saída dun córner, nun dobre remate na área pequena, primeiro coa cabeza e logo co pé. O segundo, un minuto despois. Primeiro dos poucos acercamentos do Arranxar no minuto 13, pero o lanzamento lonxano de Anxo vaise alto. No 15, claro penalti a prol do Santa Teresita por man. O 0:3. Un par de chegadas perigosas do Arranxar, nos pés de Papa e Aarón, pero o porteiro hoxe visitante respondeu ben. O mellor xogador do Arranxar esta tarde, Diego, salva un gol claro no 28, pero non pode facer nada no rexeite. O 0:4. Non baixa o ritmo o Santa Teresita, xogándose como estaba a súa clasificación para a seguinte fase da Copa Deputación. Tres goles máis antes do descanso. Comeza a segunda metade cunha boa xogada individual de Isma pola banda esquerda, entra na área pero o balón remata en córner. Na seguinte xogada, o 0:8. No 10, falta a prol do Arranxar, dentro da área do Santa Teresita... Penalti que transforma moi ben Aarón. Diego e a mala fortuna visitante evitarían unha goleada aínda maior. Non obstante puidemos disfrutar de auténticos golazos. No 15, o 1:9. Falta lonxana desde a esquerda. O balón sobrevoa a cidade enteira e cae xusto no pau esquerdo da porta local. Imparable. Un minuto despois, a piques está David de marcar o segundo para o Arranxar, pero non houbo sorte. No 17, novo golazo do Santa Teresita, desde 40 metros, pola escuadra. Impresionante. Nunca se relaxaron, xogando e disputando con intensidade cada balón, como se lles fose a vida niso, celebrando cada gol como o primeiro e queixándose amargamente (que diría Andújar Oliver) de cada fóra de xogo rigoroso, aínda co 1:12. Intentouno Isma no 35, pero hoxe o mellor que podía pasar era que rematase o partido sen lesións nin contratempos. Algo mollados, iso si. Pero xa o indicaban as predicións. Fronte ao Arrabaldo será outra historia.

    Goles

    Primeira parte:
    0:1 (minuto 7)
    0:2 (m. 8)
    0:3 (m. 15) (penalti)
    0:4 (m. 28)
    0:5 (m. 33)
    0:6 (m. 37)
    0:7 (m. 39)

    Segunda parte:
    0:8 (m. 4)
    1:8 (m. 10) Aarón (penalti)
    1:9 (m. 15)
    1:10 (m. 17)
    1:11 (m. 28)
    1:12 (m. 29)

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.