Non puido o Arranxar esta tarde contra o vento e a colexiada, nun partido que mereceu gañar, con claras ocasións de gol que non foron materializadas. Polémico encontro, no que a árbitro resultou ser determinante, e non só pola xogada final. Xa no minuto 7 da primeira metade, posible penalti a prol do Arranxar, non sinalado. Maior control local, aínda que sen moito perigo da cara á porta. Excesivos fóras de xogo, algún máis que dubidoso. Un resolutivo Javi adianta ao Arranxar no marcador no minuto 18. Algunha contra perigosa do Velle. Pero era o Arranxar quen máis perigo comezaría a crear. No 26, lanzamento de Isma que detén o porteiro. Dous minutos despois, turno dun hoxe perigoso David, pero o porteiro envía a córner. No 32, de novo David, ocasión clarísima, pero o balón sae alto. No 35 Javi envía fóra un tiro lonxano. Contra perigosa do Velle xusto antes do descanso, pero o balón sae fóra por pouco. Con ese susto remata a primeira metade. Na segunda continúan as claras oportunidades do Arranxar. Botarían en falta os locais un pouco de efectividade de cara á porta. Na primeira xogada, David plántase só diante do porteiro, pero o balón sae a córner. Empataría o Velle o encontro no minuto 10, nun remate a pracer dentro da área. Tres minutos despois, ataque do Arranxar, balón rexeitado e Javi, oportuno, remata de cabeza. Non pode despexar o defensa do Velle, e o 2:1 sobe ao marcador. Máis oportunidades locais. No minuto 26, Anxo, só, pero o balón non atopa portería. Dous minutos despois, de novo Anxo, esta vez si, pero o seu gol é anulado pola colexiada por suposto fóra de xogo. Turno de Cheik, no minuto 34, pero o balón non quería entrar. No 38, Antonio encara ao porteiro, pero este detén o esférico. Parecía mentira, pero o Arranxar só gañaba pola mínima. Lánzase o Velle a polo empate nos últimos instantes do encontro. Clara ocasión no 39, que salva o porteiro local. Con catro minutos de desconto chega o empate nun claro fóra de xogo moi protestado polos xogadores locais. Escapábanse dous puntos dun partido que debeu ter quedado resolto moito antes e cun desafortunado protagonismo arbitral.

ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
1:0 (minuto 18) Javi
Segunda parte:
1:1 (minuto 10)
2:1 (minuto 13) Javi
2:2 (minuto 44)