Importante vitoria do equipo infantil esta tarde en Oira nun mal partido dos rapaces do Arranxar, no que hoxe máis que nunca resultou determinante Juan, autor dos cinco tantos do equipo local. Unha xogada súa pola banda esquerda é rematada por Antonio no minuto 8, pero o balón sae fóra por pouco. No 15, Juan encara ao porteiro visitante e cruza perfectamente o balón, levando o 1:0 ao marcador. Non obstante o encontro era aburrido, sen ocasións de gol, cun balón sen dono e un xogo espeso. No minuto 32 chégalle outro balón a Juan, de novo encara e pica o esférico. Infalible. Inténtao o Celanova con algún lanzamento lonxano, ben blocado por Ángel. Bo partido do alevín Rubén, loitador incansable. No 36, a piques está Iago de marcar o terceiro, pero o balón sae fóra. Anímanse os visitantes. No 38, Ángel salva o gol nunha excelente intervención no que foi a mellor ocasión do Celanova nesta primeira metade. Chégase ao descanso con 2:0 no marcador. Comeza a segunda parte cun lanzamento de Juan que non atopa portería. Sería un espellismo. No minuto 5, o 3:0. Letal. E cando parecía que o partido estaba sentenciado, o Arranxar borrouse do campo. Aproveitouno un intenso Celanova, rapido, incisivo. No minuto 9, o 3:1, no lanzamento imparable dunha falta moi perigosa ao borde da área. Tres minutos despois, o 3:2, nunha xogada pola banda dereita rematada a pracer. Non lle chegaban balóns a Juan. Alcanza un no 18, pero o porteiro visitante quería colaborar na remontada. Chega o 3:3 dous minutos despois. Dominio visitante, fronte a un Arranxar desaparecido. Pero hoxe o Arranxar chamábase Juan. No minuto 29, contragolpe, vaise veloz dos defensas, do porteiro, e remata a pracer o 4:3. Tres minutos despois, tres cuartos do mesmo, e partido finiquitado. Tres puntos moi importantes de cara ao obxectivo da segunda posición. Pero moito que mellorar en canto a actitude sobre o terreo de xogo.
Goles
Primeira parte: 1:0 (minuto 15) Juan 2:0 (minuto 32) Juan
Segunda parte: 3:0 (minuto 5) Juan 3:1 (minuto 9) 3:2 (minuto 12) 3:3 (minuto 20) 4:3 (minuto 29) Juan 5:3 (minuto 32) Juan

ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
1:0 (minuto 15) Juan
2:0 (minuto 32) Juan
Segunda parte:
3:0 (minuto 5) Juan
3:1 (minuto 9)
3:2 (minuto 12)
3:3 (minuto 20)
4:3 (minuto 29) Juan
5:3 (minuto 32) Juan