Partido sen moita historia o disputado esta mañá en Maceda. O máis destacable é que o encontro tivo que comezar cunha hora de retraso debido á incomparecencia do colexiado. Xa sobre o terreo de xogo, un bo Maceda dominou de principio a fin, creando multitude de ocasións, como un pau no minuto 7 e un longueiro no 18, así como claros lanzamentos dentro da área que non atoparon portería. Partidazo de Cheik, omnipresente na defensa e evitando máis de unha ocasión. No minuto 20, primeira e única oportunidade clara de gol do Arranxar. Antonio intenta picar o balón por riba do porteiro local, pero este consigue quedarse co esférico. No minuto 23, o único tanto desta primeira parte. Con 1:0 chegaríase ao descanso. Na segunda metade, máis do mesmo. Continuaron as chegadas perigosas do Maceda fronte a un Arranxar que hoxe non contaba coa posibilidade de realizar trocos. O 2:0, no minuto 4. No 10, Diego traba ao dianteiro local dentro da área e o árbitro sinala penalti. Até aí, correcto. O problema veu cando amosou o cartón vermello directo ao porteiro do Arranxar, algo máis que discutible, e que incluso a afección local criticou. O 3:0 coa transformación do penalti. Cun home menos, tres goles máis que deixan un marcador final de 6:0 nun partido para esquecer, contra un equipo que non é da nosa liga.

ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
1:0 (minuto 23)
Segunda parte:
2:0 (minuto 4)
3:0 (minuto 10)
4:0 (minuto 14)
5:0 (minuto 20)
6:0 (minuto 26)