Espectacular encontro do equipo infantil esta mañá en Allariz, un dos mellores da temporada, contra o até hoxe invicto líder da categoría. Tres puntos de ouro que acercan máis ao Arranxar á seguinte fase da Copa Deputación. Moi seguro Ángel na portería, atenta a defensa de Santi, Álex, Manu e Adrián, ben Osama, incisivo Rubén, eléctrico loitador omnipresente Rubén alevín, e decisiva e determinante dianteira, con Iago, Antonio e o goleador da categoría, o veloz e preciso Juan. Comeza o partido como finalizaría, cun lanzamento lonxano de Rubén. Axustando todavía o punto de mira, e o balón sae alto por pouco. Primeiro acercamento do Allariz. Bonita xogada, que culmina cun centro desde a banda dereita ben rematado polo dianteiro local. O 1:0. Parece que asistiremos a unha nova lección de fútbol por parte do líder indiscutible do grupo. Bo toque de balón, bos cambios de xogo buscando ambas bandas. Pero no minuto 5 comeza a funcionar a maquinaria Juan. Primeiro lanzamento, fóra por pouco. Posible penalti a prol do Arranxar no minuto 8. Comeza o dominio visitante, pero sen culminar. Sendas oportunidades de Juan e Rubén nos minutos 13 e 14. No 15, de novo Juan, pero o balón sae alto. Segura defensa do Arranxar, que evita o perigo local. E no 18, por fin, o 1:1. Xogada de Juan pola banda esquerda, lanzamento e o balón que finalmente entra chorando na portería. Seguiuno intentando o Arranxar, afogando o xogo local cunha excelente presión e buscando o perigo adiante. No minuto 32, lanzamento de Juan, despexa o porteiro e Antonio non consigue culminar. De novo Rubén, pero o balón non quere entrar. No 36, saque de córner e Manu non chega a rematar de cabeza por pouco. Un minuto despois, gran xogada do alevín Rubén pola banda dereita, rexeite que lle chega a Rubén que busca a Juan, pero este está en fóra de xogo. Chégase ao descanso con empate e moi bo sabor de boca. Na primeira xogada da segunda metade, nova conexión Rubén Juan, vaise este pola banda dereita, o seu tiro é despexado polo porteiro e a piques está Iago de chegar ao rexeite. Recupera o balón un loitador Antonio, cede a Rubén que centra pero Juan non consigue enganchala ben. Os poucos lanzamentos a porta do Allariz son ben blocados por Ángel. No minuto 12 adiántase por fin o Arranxar no marcador. Lanzamento de córner, non chega Iago pero si Juan que pon o 1:2. Dous minutos despois, un bote do balón supera ao porteiro local, pero Rubén non chega a culminar. No 15, penetra Juan pola banda dereita e forte centro-chut ao que non pode chegar Iago. No minuto 23, a clásica xogada do excepcional Juan. Vaise veloz do defensa, encara ao porteiro e define á perfección. O 1:3. Perigo do Allariz un minuto despois, pero Ángel despexa o balón nunha excelente intervención. Continúa o Allariz, pero o lanzamento sae fóra por pouco. No 27, de novo Juan, de novo encara e de novo define. O 1:4. Parecía o encontro sentenciado. Pero non se rendiu o líder. Falta perigosa no minuto 30, pero Ángel bloca ben. Tres minutos despois, nova falta, no borde da área. Pero esta vez o balón remata dentro da portería. Dous minutos despois, o 3:4 nunha contra. Creían os locais na remontada. Pero Juan non estaba disposto a consentila. Xogada pola banda dereita, centra e Iago remacha o quinto tanto, a falta de catro minutos para o final. Xa co punto de mira axustado, Rubén marca o sexto no lanzamento dunha falta a máis de trinta metros. Pola escuadra. Engancha outro balón á mesma distancia, xa no desconto, para marcar o sétimo. Excelente partido, excelente actitude. Parabéns! Así chegaremos lonxe.
Goles
Primeira parte: 1:0 (minuto 2) 1:1 (minuto 18) Juan
Segunda parte: 1:2 (minuto 12) Juan 1:3 (minuto 23) Juan 1:4 (minuto 27) Juan 2:4 (minuto 33) 3:4 (minuto 35) 3:5 (minuto 36) Iago 3:6 (minuto 39) Rubén 3:7 (minuto 41) Rubén
Tropezo do Maceda en Celanova! (4:4) Gañando a vindeira xornada ao Santa Teresita, poderíamos confirmar matematicamente a clasificación á seguinte fase, sempre e cando o Maceda non gañe ao líder Allariz. E todo isto, a falta do partido aprazado contra o Ourense C!

ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
1:0 (minuto 2)
1:1 (minuto 18) Juan
Segunda parte:
1:2 (minuto 12) Juan
1:3 (minuto 23) Juan
1:4 (minuto 27) Juan
2:4 (minuto 33)
3:4 (minuto 35)
3:5 (minuto 36) Iago
3:6 (minuto 39) Rubén
3:7 (minuto 41) Rubén
Tropezo do Maceda en Celanova! (4:4) Gañando a vindeira xornada ao Santa Teresita, poderíamos confirmar matematicamente a clasificación á seguinte fase, sempre e cando o Maceda non gañe ao líder Allariz. E todo isto, a falta do partido aprazado contra o Ourense C!
ResponderEliminar