Contundente vitoria do equipo infantil esta mañá en Velle, que o deixa virtualmente clasificado para a seguinte fase da Copa Deputación. Partido sen moita historia fronte a un hoxe frouxo rival. Aos dous minutos, Juan desborda pola banda esquerda, lanza e o porteiro despexa. Rubén aproveita o rexeite para levar o 1:0 ao marcador. Dous minutos despois, de novo Juan, vaise do porteiro e o seu lanzamento case sen ángulo sae fóra por pouco. No minuto 6, falta perigosa a prol do Arranxar ao borde da área. Lanza Rubén, axustado ao pau dereito. Imparable. O 2:0. Turno de Iago. Vaise ben pola banda dereita e o seu lanzamento é detido polo porteiro. Primeira chegada do Santa Teresita no minuto 8, e Ángel salva o gol cunha excelente intervención. Dous minutos despois, falta lateral que lanza Rubén e o porteiro non consigue despexar o balón. Terceiro tanto do Arranxar. Excelente partido de novo do alevín Rubén, que hoxe atoparía premio por partida dobre. No minuto 17 forza unha falta que Manu lanza alta por moi pouco. Dominio claro do Arranxar, fronte a un Santa Teresita que buscaba algunha contra, aínda que sen fortuna. No 23, Rubén controla un balón no borde da área, prepara o lanzamento e crava o cuarto tanto, cuarto tamén na súa conta. No 29, encara Iago ao porteiro pero non define. Faltaban os goles de Juan. No 31 chegaría o primeiro na súa conta e quinto do Arranxar. Paradón de Ángel un minuto despois, despexando un tiro moi perigoso. No 33, balón longo de Rubén buscando a Juan, este encara ao porteiro e pica o esférico levando o 6:0 ao marcador. Tres minutos despois, inténtao Iago. Boa xogada pola banda dereita, pero o seu tiro é frouxo. No lanzamento dun córner, de novo Iago, esta vez de cabeza, pero o balón non atopa portería. Atoparía o merecido premio na segunda metade. A falta dun minuto para o descanso, lanzamento de Juan que despexa o porteiro, o rexeite recólleo Iago que lanza ao pau e o novo rexeite é aproveitado por Osama para levar o 7:0 ao marcador. Mellorou algo o Santa Teresita nos primeiros minutos da segunda parte. No 2, o 7:1 nunha contra ben finalizada. Un minuto despois, o Arranxar deixou claro que non ía baixar o ritmo. Córner que saca Juan, controla o balón Rubén dentro da área, e o quinto na súa conta, oitavo do Arranxar. Noutro córner chegaría o noveno. Saca Rubén e un xogador do Santa Teresita introduce o balón na súa propia portería. O 10:1, no minuto 13. Boa xogada de Juan pola banda esquerda, vaise do defensa, centra e Iago remacha o seu merecido tanto. No 17 chégalle un balón a Juan dentro da área, pica o esférico e leva o 11:1 ao marcador. No 21, boa combinación entre Tiberio e Juan, dono da banda esquerda, centra e Antonio non chega por pouco. Dous minutos despois, excelente xogada individual do alevín Rubén, que percorre veloz todo o campo do Santa Teresita, encara ao porteiro pero o seu lanzamento sae fóra por pouco. O segundo tanto dos visitantes chegaría no minuto 24, ao culminar unha boa xogada pola banda dereita. No 26, o merecido premio á loita e á entrega do alevín Rubén. Aproveita un rexeite dentro da área para marcar o 12º tanto do Arranxar. Segue a posesión de balón nas botas locais, fronte a algunha contra perigosa do Santa Teresita. No minuto 33, Tiberio aproveita un mal despexe do porteiro visitante para marcar o 13º. Tres minutos despois, excelente xogada de Antonio pola banda dereita, vaise do porteiro e marca o 14º. No 38, o 14:3 ao aproveitar os visitantes un rexeite dentro da área. Un minuto despois, o definitivo 15:3. Nova xogada de Juan pola banda esquerda, e o seu centro é remachado polo alevín Rubén. Remata o encontro entre os aplausos da grada local aos rapaces do Arranxar, que estes devolveron desde o centro do campo. Parabéns polo bo traballo e os merecidos froitos!

ResponderEliminaro.equipo.mellorou moito pero ainda ay qu mellorar nos pases ay q aguantar mais co balon dando pases
Eliminarby angel y manuel
Goles
ResponderEliminarPrimeira parte:
1:0 (minuto 2) Rubén
2:0 (m. 6) Rubén
3:0 (m. 10) Rubén
4:0 (m. 23) Rubén
5:0 (m. 31) Juan
6:0 (m. 33) Juan
7:0 (m. 39) Osama
Segunda parte:
7:1 (m. 2)
8:1 (m. 3) Rubén
9:1 (m. 10) (propia porta)
10:1 (m. 13) Iago
11:1 (m. 17) Juan
11:2 (m. 24)
12:2 (m. 26) Rubén (alevín)
13:2 (m. 33) Tiberio
14:2 (m. 36) Antonio
14:3 (m. 38)
15:3 (m. 39) Rubén (alevín)