Verín B - Arranxar
O domingo 13 de febreiro ás 11:00 na Granxa (Verín).E ademais:
Pavillón C - Santa Teresita (Miguel Ángel, sábado 12:45)
Ponte Ourense B - Bosco (Oira, sábado 10:15)
Allariz - Maristas B (Allariz, domingo 11:30)
Barbadás B - Xinzo de Limia B (Os Carrís, sábado 15:15)
Ourense C - Celanova (Salesianos, domingo 11:30)
Décimo sexta xornada de liga esta fin de semana. Despois quedarán todavía outras seis, é dicir, todo un mundo. Pero ese mundo pode quedar case sentenciado este sábado, polo menos por arriba, cando se enfronte o líder da categoría, o Ponte B, contra o virtual segundo, o Bosco. Unha vitoria dos pontinos deixaría o título, salvo hecatombe, en mans de Messi (o nº 7) e compañía. Curiosamente enfróntanse tamén esta xornada os dous primeiros por abaixo, e aínda que a diferenza parece moita, desde aquí o noso apoio aos rapaces do Ourense C, que xa van merecendo algún punto. Polo demais, interesante Pavillón - Santa Teresita e desiguais partidos en Allariz e Barbadás, polo menos en teoría, que esta liga xa ten demostrado en moitas ocasións que ao final son sete contre sete sobre o terreo de xogo e ante iso todos somos iguais. E falando de igualdade, 73 quilómetros nos separan dos 15 puntos aos que se refería Adri nun comentario anterior, os 15 puntos que deben ser os do esforzo, os da presión, os da loita, os do traballo en equipo, os da confianza uns noutros. Os 15 puntos da ilusión. Ánimo, rapaces! Forza Arranxar!
ResponderEliminar