sábado, 5 de febrero de 2011

Resultado Arranxar 15ª Xornada

Arranxar 2:3 Pavillón C

4 comentarios:

  1. Tempo tolo hoxe en Ourense. Unha mañá de néboa e frío que conxelaba os ósos, unha tarde de sol abrasador e despois de novo o frío. Pintaba duro o partido contra o quinto clasificado, pero foise gañando durante moito tempo e non obstante acabouse perdendo aínda que ben puido chegar o empate. Quizais o tempo non sexa tan extremo en Verín, e máis cando se achega o entroido.

    Comezou o partido como era previsible, cun Pavillón que tocaba e tocaba o balón, pero sen tirar a porta. Non había claras ocasións de gol, porque o Arranxar tampouco se acercaba con perigo á portería visitante. Até o minuto nove. Un dos equipos máis efectivos da liga adiantábase no marcador cun golazo de Rubén, o noso capitán, que enganchaba de primeiras co pé dereito un centro de córner. Seguía o Pavillón tocando o balón, tocando e regateando… pero sen tirar a porta. Un lanzamento claro no minuto 18 foi directamente cara o porteiro local. O Arranxar non creaba moito perigo e o empate podía chegar en calquera momento. Quizais no minuto 23, cun gol fantasma que a árbitro non concedeu. Remataba a primeira metade con vitoria dos locais por 1:0. As indicacións do adestrador visitante no descanso foron claras e contundentes: deixémonos de tanto regate e tiremos máis a porta. E así foi. As chegadas eran cada vez máis perigosas, sobre todo porque eran finalizadas. Nunha desas finalizacións chegaría un gol anulado por fóra de xogo no minuto 3. Non habería tanta sorte dous minutos despois. Co empate, o temor a que os rapaces do Arranxar se viñesen abaixo e deran o partido por perdido. Ese temor parecía confirmarse un minuto despois, co 1:2. Fronte ás clarísimas ocasións de gol dos visitantes, os locais optaron por subir máis ao ataque, concentrar máis xogadores arriba, aínda que houbera que deixar tan só dous defensas atrás para facer fronte ás embestidas do Pavillón. No minuto 11, Ángel vaise dos seus contrarios con forza e confianza e establece un esperanzador 2:2 no marcador. Definitivamente este non era un deses partidos que se gañan ou se perden con claridade (con contundencia), porque a sorte e a puntería non acompañaban ao Pavillón, e as chegadas do Arranxar a porta eran cada vez máis numerosas e con máis efectivos. O mellor xogador do Pavillón, o seu número dez, marcou o 2:3 no minuto 17. O partido estaba tolo, completamente roto, e tanto podía chegar o cuarto dos visitantes como o empate dos locais. Os últimos ataques foron do Arranxar, pero o gol non chegou. Derrota final cun sabor amargo pero distinto que contra o Santa Teresita, porque o empate estivo perto, porque a pesar de todo non se tirou o partido, e porque se demostrou que todo é posible, que xa se gañou en Barbadás e ben podemos gañar en Verín ou en calquera campo. Depende de vós, rapaces. Nunca hai que virse abaixo! Sempre hai que loitar até o final! Moito ánimo!!!

    P.D. Damos a benvida ao noso novo dianteiro, Javi!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Loly, polas túas fotos.

    ResponderEliminar
  3. noraboa rapaces,faltounos pouco,a seguir loitando.podedes ganar.Unha mención especial para JAVI este novo xogador no arranxar,un xogador que loita e o dá todo no campo . Un reforzo para o noso arranxar.Grazas rapaz,contigo o arranxar vai ir a máis.

    ResponderEliminar
  4. adri do arranxar6/2/11, 22:50

    non pasa nada por perder o partido , o noso rival ahora vai ser o Verin,temos que loitar para gañar e conseguir os 15 puntos.non nos podemos vir a abaixo,só por perder un partido contra o pabellon.Javi ,o noso novo xogador vainos dar moita axuda,temos que confiar uns en outros se queremos gañar a partir de ahora.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.