sábado, 26 de febrero de 2011

Resultado Arranxar 18ª Xornada

Allariz 8:3 Arranxar

3 comentarios:

  1. Arranxar é hoxe sinónimo de… infortunio. Porque cando todo se pon en contra, non hai nada que facer. E hoxe tivemos en contra a un excelente porteiro local, os paus, a sorte, un campo pequerrecho, precioso pero pequerrecho, e o cansazo dos nosos mellores xogadores que incomprensiblemente tiveron que disputar outro partido de Fútbol-11 pola mañá… O resultado: 8-3.

    Comezaba o partido con dous achegamentos do Allariz (que hoxe vestía de laranxa), aínda que sen moito perigo. No minuto 4, gol anulado ao Arranxar por falta sobre o porteiro. Un minuto despois, pase en profundidade no ataque do Allariz, e até dous xogadores se plantan diante de Juan. Un deles pica o balón e establece o 1:0 no marcador. Mal empezaban as cousas, e peor se porían un minuto despois cunha xogada parecida, na que os locais, perfectamente adaptados ao terreo de xogo, volven forzar un man a man que remata co 2:0. O Arranxar parecía que quería buscarse pero non se atopaba. Despistes atrás e sen perigo adiante, cun Manu que cando intentaba marchar dos seus rivais, quedaba sen campo. Seguía o perigo dos locais. Dos visitantes sería Rubén quen probaría fortuna no minuto 8, pero o seu lanzamento sería detido polo mellor xogador do Allariz, o seu porteiro. No minuto 10, xogada desafortunada. Balón inocente que sen embargo dá no pau e despois duns tiros e rexeites acaba dentro da portería. Tres erros, 3:0. No minuto 13, primeiro dos moitos paradóns do noso porteiro, Juan, neste caso ao lanzamento dunha falta. Un minuto despois manda a córner un tiro perigoso desde dentro da área. No 16, achegamento do Arranxar. Roubo de balón e lanzamento de Javi, que sae alto. Foi quizais ese un punto de inflexión, porque a partir de aí serían os visitantes quen crearían as ocasións máis claras do partido. No minuto 21, Manu vaise dos seus defensas, remata a porta e despexa o porteiro local cos pés. Un minuto despois, a mesma xogada, esta vez con Javi como protagonista, e novo paradón do porteiro do Allariz No 24, turno para Ángel, pero o porteiro primeiro e o pau despois evitaron o gol. No último minuto, de novo Manu, e de novo o balón ao pau. Na xogada seguinte, contragolpe e 4:0. Fin da primeira metade.

    ResponderEliminar
  2. Como para non estar cabreado, frustrado e desanimado. Tivo que ser Mary quen, atravesando todo o campo, se dirixise aos xogadores do Arranxar no descanso para animalos, para motivalos. E iso deu os seus froitos no comezo da segunda metade. No primeiro minuto, roubo de balón, lanzamento de Rubén e o porteiro local envía o balón a córner. Un minuto despois lanza Manu axustando o balón ao pau dereito e primeiro gol do Arranxar. 4:1 que devolvía as esperanzas ao cadro visitante. Pero na primeira chegada do Allariz, o 5:1. Cando as cousas se poñen así, insisto, non hai nada que facer. Un minuto despois, o 6:1.Co partido sentenciado, só quedaba a dignidade. E diso o Arranxar sabe moito. Coa maioría dos seus xogadores esgotados polo partido xogado poucas horas antes, chega no minuto 15 o 6:2 nun pase de Adrián que Rubén coloca perfectamente batendo ao porteiro local. Juan volveu ser hoxe o de sempre, un dos mellores porteiros da liga e un xogador clave no Arranxar. Evitou varios goles cantados, despexou varios man a man, pero nada puido facer no 7:2. A falta dun minuto para o remate do partido, o 8:2. No minuto 25, forte lanzamento de Manu desde fóra da área que despexa coas mans o porteiro local e Javi, atento, marca de cabeza o definitivo 8:3. Final do partido e descanso na liga polo entroido. Despois, o Barbadás, o Ourense, o Xinzo e o Maristas. E a honra e o orgullo como obxectivos. Ánimo, rapaces!

    ResponderEliminar
  3. Grazas a Carlos, pola foto. Xa está publicada.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.