Esta mañá fun ver dous partidos que resultaron ser interesantísimos e moi emocionantes. Xogaban catro dos cinco primeiros clasificados, e a igualdade foi o denominador común. Ambos encontros ben puideron rematar en empate, pero decidíronse finalmente a favor de Ponte e Santa Teresita nos últimos segundos.
Ás dez e cuarto empezou en Oira o partido da xornada e un dos máis importantes do ano. Enfrontábanse os dous mellores equipos da liga, o Ponte Ourense B e o Bosco, e efectivamente parecía un partido doutra categoría. Comezou controlando o xogo o Bosco, tocando ben o balón e buscando a portería local. A pesar do primeiro tanto do Ponte, no minuto 3, o Bosco seguía dominando, pero sen crear claras ocasións de gol. Fronte ao control visitante, os locais respondían con presión no centro do campo e algún que outro roubo de balón que non obstante non sería aproveitado no ataque. Acercábanse os rapaces do Bosco cada vez con máis perigo. Un balón ao longueiro no minuto 11 e un contraataque clarísimo no 18, cun tiro a porta baleira que saíu fóra, facían ver o empate moi cerca. Pero sería o Ponte, no minuto 21, quen poría o 2:0 no marcador cun golazo de falta lonxana. Eran moi contados os acercamentos dos locais á portería contraria, pero levaban moito perigo debido á calidade dos seus xogadores. Comezaba a segunda metade con outra oportunidade clara do Bosco, pero hoxe o balón parecía que non quería entrar. Entrou por fin nunha xogada na que o porteiro local se atopaba fóra da área cando un roubo de balón puxo o 2:1 no marcador cun tiro claro a porta baleira. Era o minuto sete, e tres minutos despois os rapaces do Bosco protestaron un posible penalty non sinalado ao seu favor. A xustiza chegaba no minuto 12, cando unha falta era rexeitada polo porteiro local e a pracer establecía o Bosco o 2:2. Pero de novo nun dos escasos achegamentos do Ponte, chegou un lanzamento impresionante desde fóra da área que entrou pola escuadra visitante, establecendo o 3:2. A falta de tres minutos para rematar o partido, un tiro colocado ao pau esquerdo da portería local poñía no marcador o que parecía que podía ser o definitivo (e xusto) 3:3. Sen embargo chegaron os minutos máis tolos do partido. Constantes chegadas clarísimas de ámbolos equipos que podían decantar definitivamente o marcador a prol de calquera. A liga estaba en xogo, pois un gol do Bosco poríaos virtualmente empatados na primeira posición. Pero sería o Ponte quen sentenciaría o campionato no último minuto. No desconto, o 5:3 definitivo para un líder que ten a liga practicamente nas súas mans, a pesar de que hoxe o Bosco mereceu moito máis.
Interesante tamén o partido xogado este mediodía entre o Pavillón C e o Santa Teresita. Dominaron os visitantes na primeira metade, con varias chegadas claras á meta local. No minuto 11, un centro perigoso non foi rematado por pouco. No 16, un córner a favor do Pavillón provocou un contragolpe do Santa Teresita no que o porteiro local evitou un gol que parecía seguro. Un minuto despois, outra ocasión clara a favor dos visitantes, nun roubo de balón ao borde do área cando o Pavillón intentaba sacar o balón controlado, que case adianta ao Santa Teresita no marcador. No minuto 18, a mellor ocasión dos locais, nun contragolpe no que o xogador do Pavillón consegue driblar ao porteiro pero o seu tiro é sacado finalmente por un defensa visitante cando o balón ía cara a portería. Isto provocou os mellores minutos do Pavillón, con outra oportunidade clara de gol dos minutos despois. Pero, cousas do fútbol, sería o Santa Teresita quen se adiantaría no marcador no minuto 21.Con 0:1 chegaríase ao descanso. Na segunda metade, maior igualdade, aínda que os acercamentos do Santa Teresita parecían máis perigosos que os do Pavillón, que tocaba moi ben o balón pero sen concretar adiante. No minuto 6, unha parede preciosa de dous xogadores do Santa Teresita ao borde da área local, foi culminada cun tiro que saíu algo desviado. No minuto 11, golazo de Álvaro, o nº 10 do Pavillón, cun tiro preciso e precioso que entrou pola escuadra. No minuto 17, clarísima oportunidade dos locais, cunha falta rexeitada pola defensa visitante que provocou unha serie de tiros e rexeites que finalizaron cun paradón do porteiro do Santa Teresita. Acercábanse os visitantes, pero sen tanto perigo como na primeira parte. A falta de dous minutos para a finalización do partido, e cando parecía que e resultado sería un xusto 1:1, chegou a xogada desgraciada da xornada.Un centro desde a dereita do ataque dos visitantes era rematado cara a súa propia portería por un defensa local. Gol en propia meta e vitoria final dun irregular Santa Teresita que se consolida esta xornada no segundo lugar da clasificación, aproveitando a derrota do Bosco. Aínda que, polo visto no día de hoxe, a segunda praza vai estar moi disputada até o final da liga.
Esta mañá fun ver dous partidos que resultaron ser interesantísimos e moi emocionantes. Xogaban catro dos cinco primeiros clasificados, e a igualdade foi o denominador común. Ambos encontros ben puideron rematar en empate, pero decidíronse finalmente a favor de Ponte e Santa Teresita nos últimos segundos.
ResponderEliminarÁs dez e cuarto empezou en Oira o partido da xornada e un dos máis importantes do ano. Enfrontábanse os dous mellores equipos da liga, o Ponte Ourense B e o Bosco, e efectivamente parecía un partido doutra categoría. Comezou controlando o xogo o Bosco, tocando ben o balón e buscando a portería local. A pesar do primeiro tanto do Ponte, no minuto 3, o Bosco seguía dominando, pero sen crear claras ocasións de gol. Fronte ao control visitante, os locais respondían con presión no centro do campo e algún que outro roubo de balón que non obstante non sería aproveitado no ataque. Acercábanse os rapaces do Bosco cada vez con máis perigo. Un balón ao longueiro no minuto 11 e un contraataque clarísimo no 18, cun tiro a porta baleira que saíu fóra, facían ver o empate moi cerca. Pero sería o Ponte, no minuto 21, quen poría o 2:0 no marcador cun golazo de falta lonxana. Eran moi contados os acercamentos dos locais á portería contraria, pero levaban moito perigo debido á calidade dos seus xogadores. Comezaba a segunda metade con outra oportunidade clara do Bosco, pero hoxe o balón parecía que non quería entrar. Entrou por fin nunha xogada na que o porteiro local se atopaba fóra da área cando un roubo de balón puxo o 2:1 no marcador cun tiro claro a porta baleira. Era o minuto sete, e tres minutos despois os rapaces do Bosco protestaron un posible penalty non sinalado ao seu favor. A xustiza chegaba no minuto 12, cando unha falta era rexeitada polo porteiro local e a pracer establecía o Bosco o 2:2. Pero de novo nun dos escasos achegamentos do Ponte, chegou un lanzamento impresionante desde fóra da área que entrou pola escuadra visitante, establecendo o 3:2. A falta de tres minutos para rematar o partido, un tiro colocado ao pau esquerdo da portería local poñía no marcador o que parecía que podía ser o definitivo (e xusto) 3:3. Sen embargo chegaron os minutos máis tolos do partido. Constantes chegadas clarísimas de ámbolos equipos que podían decantar definitivamente o marcador a prol de calquera. A liga estaba en xogo, pois un gol do Bosco poríaos virtualmente empatados na primeira posición. Pero sería o Ponte quen sentenciaría o campionato no último minuto. No desconto, o 5:3 definitivo para un líder que ten a liga practicamente nas súas mans, a pesar de que hoxe o Bosco mereceu moito máis.
Interesante tamén o partido xogado este mediodía entre o Pavillón C e o Santa Teresita. Dominaron os visitantes na primeira metade, con varias chegadas claras á meta local. No minuto 11, un centro perigoso non foi rematado por pouco. No 16, un córner a favor do Pavillón provocou un contragolpe do Santa Teresita no que o porteiro local evitou un gol que parecía seguro. Un minuto despois, outra ocasión clara a favor dos visitantes, nun roubo de balón ao borde do área cando o Pavillón intentaba sacar o balón controlado, que case adianta ao Santa Teresita no marcador. No minuto 18, a mellor ocasión dos locais, nun contragolpe no que o xogador do Pavillón consegue driblar ao porteiro pero o seu tiro é sacado finalmente por un defensa visitante cando o balón ía cara a portería. Isto provocou os mellores minutos do Pavillón, con outra oportunidade clara de gol dos minutos despois. Pero, cousas do fútbol, sería o Santa Teresita quen se adiantaría no marcador no minuto 21.Con 0:1 chegaríase ao descanso. Na segunda metade, maior igualdade, aínda que os acercamentos do Santa Teresita parecían máis perigosos que os do Pavillón, que tocaba moi ben o balón pero sen concretar adiante. No minuto 6, unha parede preciosa de dous xogadores do Santa Teresita ao borde da área local, foi culminada cun tiro que saíu algo desviado. No minuto 11, golazo de Álvaro, o nº 10 do Pavillón, cun tiro preciso e precioso que entrou pola escuadra. No minuto 17, clarísima oportunidade dos locais, cunha falta rexeitada pola defensa visitante que provocou unha serie de tiros e rexeites que finalizaron cun paradón do porteiro do Santa Teresita. Acercábanse os visitantes, pero sen tanto perigo como na primeira parte. A falta de dous minutos para a finalización do partido, e cando parecía que e resultado sería un xusto 1:1, chegou a xogada desgraciada da xornada.Un centro desde a dereita do ataque dos visitantes era rematado cara a súa propia portería por un defensa local. Gol en propia meta e vitoria final dun irregular Santa Teresita que se consolida esta xornada no segundo lugar da clasificación, aproveitando a derrota do Bosco. Aínda que, polo visto no día de hoxe, a segunda praza vai estar moi disputada até o final da liga.
ResponderEliminar