sábado, 19 de febrero de 2011

Resultados Xornada 17

Pavillón C 3:1 Celanova
Santa Teresita 7:2 Verín B
Arranxar 3:4 Ponte Ourense B
Bosco 8:0 Allariz
Maristas B 2:2 Barbadás B
Ourense C 3:8 Xinzo de Limia B


3 comentarios:

  1. Esta fin de semana fun ver tres partidos, ademais do Arranxar-Ponte. O sábado, no Campus universitario, o Maristas B enfrontábase ao Barbadás B. Unha parte para cada equipo e empate xusto. Na primeira metade dominou o Barbadás, con chegadas perigosas, varias ocasións de gol pero falta de puntería (fallaron incluso un penalti). O Maristas acusou a falta de adaptación ao seu novo campo. Tan só chegaron un par de veces á portería visitante e un balón ao longueiro foi a súa máis clara ocasión de gol. Mediada a primeira metade adiantábase o Barbadás, e cun xusto 0:1 chegaríase ao descanso. Mellor actitude do Maristas na segunda parte. No minuto 8 chega o empate no lanzamento dunha falta ao borde da área. Presión e dominio do Maristas sobre o terreo de xogo, que se concretaría no 2:1 no minuto 13. Un minuto despois, e nunha contra aillada, o Barbadás empata o partido. Despois, igualdade no campo e marcador final de 2:2.

    Tamén o sábado, pouco despois da unha e media, comezou en Salesianos o partido entre o Bosco e o Allariz. Vitoria contundente dos locais, fronte a un Allariz que presionaba ben e saía rápido co balón, pero as súas chegadas concluían con inocentes lanzamentos a porta. Adiantábase o Bosco no minuto 5, ao aproveitar un dos numerosos córners lanzados contra a portería visitante. Despois duns minutos de xogo embarullado no centro do campo, chegaría a mellor ocasión do Allariz. Era o minuto13, pero primeiro o porteiro e despois un defensa sobre a liña de gol conseguen sacar o balón. O Bosco levaba moito perigo sobre todo pola banda dereita. No minuto 15, roubo de balón dun xogador local, que se vai con forza, encara ao porteiro e fusila a pracer. 2:0. O terceiro, tres minutos despois, con outro trallazo esta vez desde fóra da área. Con 3:0 chegaría o descanso. Na segunda metade, dominio claro do Bosco. No minuto 2, o cuarto tanto tras a saída dun córner (os xogadores do Allariz protestaron á árbitro por estar supostamente mal sacado). No minuto 9, gol anulado ao Bosco por fóra de xogo. Un minuto despois, o quinto dos locais. Tiro lonxano que rebota nun xogador do Allariz e entra na portería. No 14, lanzamento ao pau dos locais. No 15, o sexto tanto. Os dous goles restantes, nos minutos 22 e 25. Final do partido cun contundente 8:0 no marcador.

    ResponderEliminar
  2. Esta mañá de domingo disputouse en Salesianos o encontro entre o Ourense C e o Xinzo de Limia B, con vitoria final para os visitantes. Comezou o partido con bastante igualdade sobre o terreo de xogo, con claras chegadas de ámbolos equipos, con varios man a man que non obstante non eran ben definidos. A medida que avanzaba o encontro eran cada vez máis perigosos os achegamentos do Xinzo, con algunha oportunidade clarísima, como un lanzamento no minuto 7, só diante do porteiro, pero o balón sae fóra. Seguíase acercando o Ourense á portería visitante, con varios córners que sen embargo non xeneraban moito perigo. Adiantaríanse os locais no minuto 15, grazas ao lanzamento dunha falta. Pero un minuto despois empataría o Xinxo, cun tiro desde o borde da área. No minuto 18 adiantaríanse os visitantes ao transformar un penalti. No 21, o 1:3 nun rexeite dentro da área. Así chegaría o descanso. Na segunda metade agudizáronse os problemas defensivos do Ourense, e en moitos minutos eran até cinco os xogadores do Xinzo os que habitaban a área local sen que os ourensanistas puidesen sacar o balón de aí. Nun erro defensivo chegaría o 1:4, no minuto 4.Tres minutos despois, logo dunha oportunidade clara do Ourense cun balón ao longueiro, contragolpe do Xinzo que sobe o 1:5 ao marcador. No minuto 13, novo ataque dos visitantes, man a man diante do porteiro e perfecta definición, picando o balón e poñendo o 1:6 no marcador. Dous minutos despois, o sétimo gol no lanzamento dunha falta. No minuto 16, segundo tanto dos locais, cun tiro dentro da área. Os rapaces do Xinzo seguían xogando cunhas liñas moi adiantadas, todos no campo local, o que provocaba algún claro contragolpe do Ourense. Puido chegar o terceiro dos locais, no minuto 18, pero un man a man non é ben definido, e o porteiro visitante consegue despexar o balón. No minuto 20, o 2:8, e un minuto despois, o definitivo 3:8 entre un Ourense con graves problemas defensivos e que debe concretar e finalizar mellor en ataque, e un Xinzo que aproveitou á perfección esta situación.

    ResponderEliminar
  3. O teu si que é dedicación......

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.