sábado, 5 de febrero de 2011

Resultados Xornada 15

Celanova 1:1 Santa Teresita
Arranxar 2:3 Pavillón C
Bosco 7:4 Verín B
Maristas B 2:4 Ponte Ourense B
Xinzo de Limia B 3:3 Allariz
Ourense C 1:10 Barbadás B

1 comentario:

  1. Esta mañá estiven en Salesianos, vendo os partidos entre o Bosco e o Verín e entre o Maristas e o Ponte. Grandes partidos ambos, aínda que por cuestións ben diferentes.

    No primeiro, un Bosco corpulento controlaba o xogo diante duns rapaces do Verín que xogaban á contra con moita rapidez. Nos primeiros 15 minutos dominou o Bosco, con tres goles que parecían sentenciar o partido. Pero o Verín nunca se veu abaixo. No minuto 17 marcaban o primeiro tanto, pero unha desafortunada xogada do porteiro visitante deixou o marcador en 4:1 no descanso. Na segunda metade o Verín saíu a por todas, correndo, presionando, non dando un balón por perdido. A contundencia dos rapaces do Bosco deixaba o marcador en 7:1 aos dez minutos de xogo, pero o Verín seguía loitando, sen desanimarse, traballando en todo o campo, crendo na milagre. E o traballo comezou a dar os seus froitos. En seguida chegaron o segundo, o terceiro e o cuarto tanto, que puñan certa emoción no marcador e que deixaban aos rapaces do Bosco algo desconcertados, pois crían (como todos) que con 7:1 estaba o partido xa sentenciado. Finalmente non se consumou a remontada e o Bosco conseguiu un importantísimo triunfo que o mantén na loita polo título de liga, pero hoxe sen dúbida hai que destacar o espírito dos rapaces do Verín, que xogaron todo o partido cunha intensidade extraordinaria a pesar do marcador e da categoría do rival. Tomemos nota.

    O partido entre o Maristas e o Ponte tivo de todo, incluso polémica. O adestrador do Maristas plantexou un partido moi serio, fronte a un líder cunha calidade técnica envidiable. As chegadas do Ponte eran abortadas por un excelente porteiro local. Nun córner no minuto dez chegaba o primeiro tanto do Maristas, de cabeza. O Ponte seguía acercandose con perigo, e xusto antes do descanso chegaba o empate. Remataba a primeira metade con 1:1 e con moita polémica. Dous goles anulados ao Maristas por suposto fóra de xogo provocaron airadas protestas por parte dos afeccionados locais e do adestrador, que chegou a pedir explicacións ao árbitro antes de que este marchase aos vestiarios. Con tensión nas gradas e con igualdade sobre o terreo de xogo comezaba a segunda parte. No minuto 3 chegaba o segundo tanto do Maristas. De novo empataría o Ponte, no minuto 12, grazas a un certeiro lanzamento de falta. Co 2:2 no marcador, calquera cousa podía pasar. E pasou. No minuto 16 o árbitro concedeu gol a prol do Ponte nun balón que, desde onde estabamos os afeccionados, non se sabe se entrou ou non. Gol fantasma que adiantaba ao Ponte e indignaba ao Maristas. Un minuto despois sentenciaba o partido o mellor xogador sobre o terreo de xogo, o Messi do Ponte, o dorsal 7 (unha delicia velo xogar). Con 2:4 chegábase ao final dun gran e polémico partido que deixa ao Maristas sen opcións para o título de liga e ao Ponte máis perto do seu obxectivo.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.