sábado, 26 de febrero de 2011

Resultados Xornada 18

Verín B 2:1 Pavillón C
Ponte Ourense B 8:1 Santa Teresita
Allariz 8:3 Arranxar
Barbadás B 3:2 Bosco
Ourense C 1:4 Maristas B
Xinzo de Limia B 1:2 Celanova


1 comentario:

  1. Onte pola mañá fun ver o partido que se xogou en Oira entre os dous primeiros clasificados, o Ponte Ourense B e o Santa Teresita. Quédome sen dúbida coa excelente primeira parte dos locais, practicamente perfecta. Unha auténtica lección técnica, táctica, de seriedade, calidade, colocación e presión que levaron a impotencia a un Santa Teresita que quería pero non podía, porque non o deixaban. Adiantábase o Ponte no minuto 3, aproveitando o rexeite do porteiro visitante a un lanzamento desde fóra da área. Intentaba acercarse o Santa Teresita, e só o conseguiu cun remate á saída dun córner e con algún lanzamento desde fóra da área. No minuto 8, o 2:0 nun lanzamento desde o borde da área. No 13, penalti a favor do Ponte que transforma o xogador local axustando perfectamente o balón. No 18, o cuarto tanto local despois dun centro desde a dereita do ataque pontino que remata a propia porta un xogador do Santa Teresita. Polémica no minuto 23, cando os visitantes reclamaron ao árbitro un penalti que este non sinalou. Con certa tensión chegaríase ao descanso. Nos dez primeiros minutos da segunda metade sería o Santa Teresita quen dominaría o partido, pero sen efectividade de cara á porta. No minuto 6, un xogador visitante penetra na área pola banda esquerda pero o seu lanzamento sae fóra. Outra oportunidade clarísima dous minutos despois. Sen embargo sería o Ponte quen no minuto 9 marcaría o 5:0 cun lanzamento precedido dun control fóra da área que para os visitantes foi feito coa man. Aumentaban as protestas e a tensión chegaba incluso aos adestradores. No minuto 16, o 6:0, protestado tamén polo Santa Teresita por suposto fóra de xogo. Dous minutos despois, o único gol dos visitantes. Lanzamento dunha falta lonxana, o balón rebota na defensa pontina e entra na portería. No minuto 22, o 7:1 nun contragolpe de até tres contra un. No último minuto, roubo de balón, centro e a pracer chega o definitivo 8:1 que deixa a liga sentenciada (se non o estaba xa antes) e a emoción na loita pola segunda posición.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.